© 2026 AMIT-Gal

Enxeñeira de Telecomunicación (Universidad Politécnica de Madrid – UPM, 1992) e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación (UPM, 1996), especializada en Tratamiento Dixital de Señais
Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Anteriormente, foi profesora na Universidad Carlos III de Madrid, Universidad de Valladolid e Universidad Europea de Madrid, e investigadora na Universidad Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Señais de audio e acústicas e a acústica submarina. Tamén a promoción das vocacións científico-técnicas femeninas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación. Dende 2017 é Enlace de Igualdade da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Dende 2016 forma parte da xunta directiva do nodo galego da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-Gal), na que ocupa actualmente o posto de vogal. Actualmente tamén é secretaria xeral de AMIT (España). Dende 2017 forma parte da xunta directiva da Asociación Nós Mesmas, que traballa en defensa dos dereitos das mulleres LGTBIQA+, ocupando actualmente o posto de presidenta.
En 2017 puso en marcha, e coordina dende entón, os talleres para chicas de secundaria na Escola de Telecomunicación, dentro da xornada Elas Fan CienTec, ideada para promover o interese polas carreiras científico-técnicas na Universidade de Vigo. Foi mentora de nenas de Primaria na primeira edición do programa Inspira STEAM da UVigo. É autora do curso Dimensión de género en la I+D+i de las TIC do Itinerario Formativo Virtual en Xénero da UVigo, e imparte cursos de formación de profesorado sobre mulleres e STEM a través do Centro de Formación e Recursos. Investigadora principal do proxecto Desarrollando desde un enfoque igualitario: asistencia digital wikifeminista, e investigadora en los proyectos Ingreso, rendemento académico e egreso das mulleres nos graos de enxeñaría da UVigo, Microaprendizaje feminista corporativo y Frida – Agente conversacional feminista orientado al diagnóstico del deterioro cognitivo leve, financiados pola Cátedra Feminismos 4.0 da Diputación de Pontevedra e a UVigo.
