Actividades anuais 2025
Con motivo do 11F as socias de Ferrolterra organizaron a actividade “Biblioteca humana: Coñece ás investigadoras e tecnólogas que traballan en Ferrolterra”. O obxectivo principal era dar a coñecer referentes femeninos no contexto da investigación e a tecnoloxía, e tamén indirectamente mostrar saídas profesionais na comarca.
A actividade realizada está inspirada na biblioteca humana, que xordeu en Dinamarca no ano 2000, cunha funcionalidade moi similar. Neste caso, o catálogo de libros humáns son as investigadoras e tecnólogas socias de AMIT-Gal que traballan na comarca de Ferrolterra e estes libros préstanse a lectores e lectoras brindándolles a oportunidade de escoitar as súas historias relacionadas co seu traballo e a súa traxectoria profesional.
A actividade levouse a cabo o 21 de Febreiro de 2025 na Sede de Afundación en Ferrol en horario de tarde e foi financiada polo Concello de Ferrol. Tamén colaborou o Campus Industrial de Ferrol, o CITENI e a Fundación Universidade da Coruña. A actividade estivo dirixida a toda a ciudadanía.
Mulleres de ciencia e tecnoloxía
AMIT inclúe entre os seus obxectivos promover e difundir as aportacións académicas, científicas, profesionais e técnicas das mulleres. Unha das accións que contribúe a alcanzar este propósito é a publicación de artigos na prensa diaria, como un modo de transferencia á sociedade de ditas aportacións. Por outro lado, permite difundir a labor de AMIT, inducindo á reflexión sobre temas de actualidade, contribuíndo a informar e a formar opinión desde o rigor e o coñecemento.
Como nodo asentado en Galicia, AMIT-Gal no ano 2023 estableceu unha colaboración coa cabeceira de Prensa Ibérica, La Opinión A Coruña, para publicar mensualmente un artigo escrito por unha socia sobre un tema do seu campo de interés. Uns textos que fagan a ciencia e a tecnoloxía accesibles á persoas, incentiven a curiosidade e susciten a reflexión e o debate. Uns textos elaborados co trasfondo que da sentido á nosa asociación: o feminismo, a igualdade e a perspectiva de xénero.
Cada autora decide o contido. Caben reflexións e/ou crítica social dende unha perspectiva de igualdade e de xénero no campo académico e laboral; divulgación de aspectos do área de coñecemento propio de interese para a vida diaria e para o avance social e económico; posta en valor de mulleres relevantes no campo científico e tecnolóxico; denuncia de situacións de desigualdade; ou outros aspectos que non momento dado se consideren apropiados e/ou necesarios.
A coordinadora da actividade é María Carreiro Otero.
Ó término desde ano 2025, haberanse publicado 36 artigos escritos por 25 socias asociadas. Un esforzo que esperamos que se prolongue sucesivamente.
Os artigos desde 2025 son:
-
Enero, M. Carreiro: Inteligencia artificial y proyectos arquitectónicos
-
Febrero, M.ª J. Pérez y J. Carballo, Mujeres de ciencia y tecnología | Vemos o invisible
-
Marzo, M. Cimadevila, El arte como herramienta de comunicación científica
-
Maio, L. Castro, ChatGPT e o nesgo de automatización
- Xuño, L. Santiago, El sector pesquero en cifras
-
Julio, Z. Varela y R. Martínez, Demasiada política para ser agradecida
-
Agosto, M.ª C. Martínez, Observaciones de una científica desde el rural
-
Septiembre, A. Fernández y L. Castro, O noso futuro enerxético
