Skip to main content

Contacta

Tes algunha pregunta?

Dudas xerais

Como podo facerme socia?

Para ser socia debes completar o formulario de inscrición (https://amit-es.org/hazte-socia/), e pagar a cuota (40 euros anuais socias senior, 10 euros anuais socias predoutorais ou en situación de especial precariedade laboral e 150 euros anuais institucións). Se queres pertencer ó nodo galego non olvides indicalo no formulario no apartado de notas adicionais.

É o mesmo ser socia que inscribirme na base de datos?

Non, son inscripcións independentes. Podes ser socia de AMIT e non inscribirte na base de datos de investigadoras e tecnólogas e, ó revés, podes estar inscrita na base de datos e non ser socia de AMIT. Por iso se queres ser tanto socia de AMIT como aparecer na base de datos debes facer as dúas inscricións. Para ser socia, completar o formulario de inscrición de socias (https://amit-es.org/hazte-socia/) e para aparecer na base de datos de investigadoras e tecnólogas facer o propio no formulario de inscrición para a base (https://cientificas.amit-es.org/es/formulario-inscripcion)

Para que serve ser socia?

Ser socia de AMIT significa que apoias activamente a igualdade de dereitos e oportunidades das científicas e tecnólogas españolas. Se eres socia recibirás semanalmente un boletín con información sobre o que facemos na asociación e sobre asuntos que teñen que ver con todo o relacionado coas mulleres no sistema de ciencia español (convocatorias, axudas, premios, eventos, etc…) Ademais, se eres socia podes inscribirte nalgún dos nodos cos que conta a asociación (territoriais e temáticos) para realizar actividades locais, tamén podes participar nas actividades que organizamos desde AMIT e, por suposto, na asamblea anual que adoitamos celebrar a principios do outono. Tamén, ser socia de AMIT proporciónate a posibilidade de establecer redes con outras investigadoras e tecnólogas da túa mesma disciplina ou de outras.

Se quero contactar con AMIT-Gal para un evento ou proxecto

Para contactar con AMIT-Gal podes enviar un correo electrónico a amit.galicia@amit-es.org

Contacta con AMIT Galicia

Se tes calquera outra dúbida ou consulta escríbenos ó correo electrónico.