Licenciada en Historia (Universidade de Santiago de Compostela-USC, 1999) e Doutora en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade (USC, 2013)

No 2023 incorporouse como Científica Titular ao Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT-CSIC), e desde finais de outubro de 2025 é tamén a Vicedirectora Técnica desta institución.  Anteriormente tivo contratos postdoutorais da Xunta de Galicia na USC, con estadías no CIBIO-In-BIO e a Universidade de Minho (Portugal) e no University College Dublin (Irlanda), posteriormente acadou un contrato na convocatoria RETOS modalidade JIN na USC, e despois un contrato como Investigadora Distinguida Beatriz Galindo na Universidade de Cantabria.

Fundadora e co-presidenta desde 2017 ata a actualidade da Community of Research on Wild Plant Resources ARCHWILD na European Association of Archaeologists-EAA. As súas áreas de investigación son a Arqueoloxía e a Arqueobotánica, con especial atención ás relacións establecidas entre seres humanos e plantas a partir do estudo dos restos vexetais recuperados en contextos arqueolóxicos. O seu traballo se ten centrado en Europa (España, Portugal, Inglaterra), América (Panamá) e recentemente en Asia (Siria, Palestina, Taiwán) e Oceanía (Illas Marianas) en contextos que van desde la Prehistoria ata o pasado recente.  Ten xestionado servicios científico-técnicos de arqueobotánica na Universidade de Santiago de Compostela (fundado 2002, dirixido entre 2016-2021), na Universidad de Cantabria (2021 ao 2023), e desde 2023 é responsable del Laboratorio de Arqueobotánica no INCIPIT. Este laboratorio foi seleccionado en 2024 e 2025 como unha de las 100 tecnoloxías máis innovadoras do CSIC.