© 2026 AMIT-Gal

Investigadora Científica do CSIC, fundadora e Xefa do Grupo de Viticultura, Olivo e Rosa (VIOR) na Misión Biológica de Galicia (CSIC)
Licenciada en Bioloxía (1986) pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Bioloxía pola mesma universidade (1992).
Desenvolveu toda a súa carreira científica no CSIC (dende 1986), completándoa cunha estancia posdoutoral de dous anos e medio (1994-1997) no Etablissement National Technique pour l’Amélioration de la Viticulture (Francia), actualmente Institut Français de la Vigne et du Vin (IFV). Realizou tamén outras estancias de menor duración en diferentes centros de investigación vitivinícola de Italia e Alemaña.
Investigadora Científica do CSIC, é fundadora e Xefa do Grupo de Viticultura, actualmente denominado Grupo de Viticultura, Olivo e Rosa (VIOR), na Misión Biológica de Galicia (CSIC).
Colabora con numerosos grupos de investigación nacionais e extranxeiros. Dirixiu máis de 30 proxectos de investigación financiados con fondos públicos e 60 proxectos financiados con fondos privados. Autora de 150 artigos científicos e técnicos, 10 libros e varios capítulos de libro e monografías. Imparteu máis de 65 conferencias e un centenar de comunicacións en congresos. Realizou máis de medio centear de asesoramentos técnico-científico a diversas entidades nacionais e extranxeiras, públicas e privadas. Formou a diferentes científicos, varios dos cales continúan desenvolvendo a súa traxectoria profesional no mesmo grupo de investigación. Tamén formou a un número importante de técnicos de apoio á investigación, altamente especializados. Recibiu unha decena de premios outorgados por distintas entidades, entre os que destacan o Premio da Real Academia Galega de Ciencas 2009, premio da Asociación de productores de aceite e aceituna de Galicia 2018, premio nacional de transferencia e emprendimento do CSIC 2023, o premio de innovación e sostenibilidade da Academia do Perfume 2023. Imparteu numerosos cursos de especialización e conta cunha amplia experiencia na divulgación científica, habendo participado en máis de 60 actividades e programas neste ámbito. É coordinadora da Plataforma ALCINDER (Alternativas Científicas Interdisciplinares contra o Despoboamento Rural), á que están adscritas unha veintena de empresas e grupos de investigación. Realizou numerosas actividades de transferencia, sendo autora de varios segredos industriais e sellos de protección, rexistros e licencias de explotación, entre outras, de variedades seleccionadas de vide, de olivo autóctono galego e de rosas cultivadas antigas (Rosa Narcea). É promotora e Socia fundadora da Spin-Off do CSIC Aromas do Narcea S.L.
Entre as súas liñas de investigación actuais destacan, no ámbito da viticultura, a resistencia/tolerancia de enfermedades por fungos da vide e desenvolvemento de modelos de predicción de enfermidades, co obxectivo de reducir a aplicación de tratamentos fitosanitarios.
Ademáis da recuperación, conservación, posta en valor e reintroducción nos mercados, de variedades en extinción de especies leñosas de interés agrario (vide, olivo e rosas cultivadas antigas), existentes en zonas rurais marxinales, desenrola liñas de investigación sobre o aproveitamento de residuos xerados tras o procesado dos frutos (producción de viño e aceite) ou as flores (producción de aceite esencial), para a obtención de novos productos de alto valor añadido.
