Profesora Axudante Doutora, Grupo Integrado de Enxeñaría, Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña

Enxeñeira Naval e Oceánica e Doutora en Enxeñaría Naval e Industrial, ambas pola Universidade da Coruña.

Actualmente Profesora Axudante Doutora na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da Universidade da Coruña. Imparte docencia no grado e no máster en enxeñaría naval e oceánica. Dende 2023 tamén é a coordinadora do máster en enxeñaría naval e oceánica. Como investigadora forma parte do Grupo Integrado de Ingeniería, do Centro de Investigacións en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Campus Industrial de Ferrol.

A súa liña principal de investigación está centrada na seguridade marítima desenvolvendo sistemas embarcados de guía e monitorización da estabilidade en tempo real, así como sistemas embarcados de apoio á toma de decisións. Os seus campos de investigación tamén inclúen o comportamento do buque e artefactos flotantes, os experimentos en canle de experiencias hidrodinámicas e as enerxías renovables offshore.