Skip to main content

Presentación

Somos un punto máis de conexión na gran rede de AMIT, con espíritu libre para defender a igualdade de dereitos e oportunidades na carrera investigadora, académica e profesional das investigadoras e tecnólogas galegas.

Cada ano celebramos unha xornada seguida da asamblea anual de socias.

Historia

2015

O nodo galego de AMIT nace na asamblea constituinte tras a I Xornada de Mulleres na Ciencia celebrada na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santaigo de Compostela (USC) no mes de decembro.

2016

Realízase a firma dos estatutos por parte das 17 socias fundadoras e se rexistran no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia nº 2016/020970-1ª.

2017

O 1 de decembro celebramos a III Xornada de Mulleres na Ciencia e a 3ª Asamblea de AMIT-Gal na Facultade de Matemáticas da USC. Nesa asamblea elíxense dúas novas vogais, María Carreiro Otero (profesora da ETS de Arquitectura da UDC) e Joana Cristina Silva Magalhaes (investigadora do INIBIC).

2018

O 14 de decembro tras a IV Xornada de Mulleres na Ciencia renóvase a xunta directiva, que queda constituída por:

  • Presidenta: Ana Jesús López Díaz. Doutora en Ciencias Físicas. Departamento de Enxeñáría Industrial II, Universidade da Coruña.
  • Vicepresidenta: María Carreriro Otero. Doutora en Arquitectura. Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, Universidade da Coruña.
  • Secretaria: Eva Aguayo Lorenzo. Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais. Departamento de Economía Cuantitativa, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Tesoureira: Soledad Torres Guijarro. Doutora en Enxeñaría de Telecomunicacións. Departamento de Teoría da Señal e Comunicacións, Universidade de Vigo.
  • Vogal: Mª del Carmen Martínez Rodríguez. Doutora en Bioloxía. Misión Biolóxica de Galicia, CSIC.
  • Vogal: Susana Ladra González. Doutora en Informática. Departamento de Computación, Universidade da Coruña.
  • Vogal: Joana Cristina Silva Magalhaes. Doutora Europea en Bioquímica e Bioloxía Molecular. Instituto de Investigación Biomédica da Coruña.

2022

En marzo na VII Xornada de Mulleres na Ciencia vólvese a renovar a xunta directiva, quedando coa seguinte composición:

  • Presidenta: María Carreriro Otero. Doutora en Arquitectura. Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, Universidade da Coruña.
  • Vicepresidenta: Soledad Torres Guijarro. Doutora en Enxeñaría de Telecomunicacións. Departamento de Teoría da Señal e Comunicacións, Universidade de Vigo.
  • Secretaria: Joana Cristina Silva Magalhaes. Doutora Europea en Bioquímica e Bioloxía Molecular. Instituto de Investigación Biomédica da Coruña.
  • Tesoureira: Vanessa Valdeiglesias García. Doutora en Bioloxía. Departamento Bioloxía, CICA, Universidade da Coruña.
  • Vogal: Mª del Carmen Martínez Rodríguez. Doutora en Bioloxía. Misión Biolóxica de Galicia, CSIC.
  • Vogal: Beatriz Sánchez Carretero. Humanidades-Sociais, CSIC.
  • Vogal: Josefina Ling. Ciencias, Universidade de Santiago de Compostela.

2025

En abril despois da X Xornada de Mulleres na Ciencia e a posterior asamblea que tivo lugar na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol elexiuse a xunta directiva actual.

Obxectivos xerais

Defendemos e promovemos a igualdade das investigadoras e tecnólogas en Galicia.

  • Promover a igualdade de mulleres e homes no acceso á investigación en todas as ramas do coñecemento (Artes e Humanidades, Ciencias, Enxeñaría, Arquitectura, Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas).
  • Sensibilizar a nosa contorna sobre as situacións de discriminación e os mecanismos que levan a ela.
  • Conseguir a igualdade de oportunidades para as mulleres investigadoras e tecnólogas nos ámbitos público e privado.
  • Elaborar recomendacións e colaborar con outras institucións e organizacións para facilitar o avance das mulleres en todas as ramas do coñecemento.
  • Promover a idea de que as mulleres e os homes son igualmente capaces de contribuíren á excelencia intelectual, científica e tecnolóxica.
  • Promover a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
  • Promover a integración da perspectiva de xénero nos contidos da ciencia, a investigación, a tecnoloxía e a docencia, así como na súa difusión, como elemento fundamental para acadar a excelencia neses campos.
  • Traballar para incrementar o número de mulleres na ciencia e na tecnoloxía, en todos os niveis de formación e exercicio profesional, no ámbito das universidades, os organismos públicos de investigación (Consello Superior de Investigacións Científicas e outros) e as empresas e institucións