Skip to main content

A Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-Galicia) inicia unha nova etapa coa renovación da súa Xunta Directiva, formada por investigadoras do CSIC e das universidades da Coruña, Santiago e Vigo.

A nova presidenta é a Dra. María del Carmen Martínez Rodríguez, investigadora científica do CSIC na Misión Biolóxica de Galicia. Acompáñana a Dra. Vanessa Valdiglesias García (UDC) como vicepresidenta, a Dra. María Martín Seijo (CSIC) como tesoureira, Eva López Barrio como secretaria, e as Dras. Lucía Santiago Caamaño (UDC) e Soledad Torres Guijarro (UVigo) como vogais.

O novo equipo asume o compromiso de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía, ampliar a rede de socias e promover a igualdade de oportunidades no eido da I+D+i galega.

Esta renovación reforza o papel de AMIT-Galicia como plataforma de referencia para impulsar o talento feminino nos sectores científico e tecnolóxico, contribuíndo a unha Galicia máis diversa, innovadora e igualitaria.

Consulta as noticias ó completo:

21noticias: La Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas (AMIT-Galicia), estrena directiva con investigadoras del CSIC y de las tres universidades gallegas

Diario de Santiago: La nueva junta de AMIT-Galicia arranca con el reto de visibilizar a las mujeres en ciencia y tecnología

La Voz de Galicia: Carmen Martínez: «Todavía queda mucho por hacer para romper el techo de cristal en ciencia»