Profesora Titular de Universidade, Departamento Bioloxía, Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía – CICA, Universidade da Coruña

Profesora Titular da Universidade da Coruña e Coordinadora do Grupo de Investigación en Toxicoloxía e Toxicoloxía Xenética no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA). Completou o seu Doutoramento en Bioloxía, con Premio Extraordinario na Universidade da Coruña, en 2010 investigando os efectos citoxenéticos e moleculares da toxina marina, o ácido okadaico, en diferentes líneas celulares humanas. Completou a súa formación en Epidemioloxía Molecular e Nanotoxicoloxía con estancias en diferentes centros internacionales entre os que se inclúen a Universidade de Bradford (Reino Unido), o Instituto Indio de Investigación en Toxicoloxía (India), o Instituto Científico de Hospitalización e Asistencia (Italia) e o Instituto de Saúde Pública da Universidade de Porto (Portugal).

Colaborou en máis de 30 proxectos de investigación (tanto nacionais como internacionais, 7 como Investigadora Principal). É autora ou coautora de máis de 100 publicacións científicas, dous libros, varios capítulos de libros e unhas 200 comunicacións en congresos, incluidas varias conferencias invitadas. Ademáis, ó longo da súa carreira recibiu diversos premios e recoñecementos á súa traxectoria científica, entre os que destacan o Premio Real Academia Galega de Ciencias á Xoven Investigador menor de 28 años (2007), o Premio ó Mellor Investigador Xoven de Europa no campo de Xenómica Ambiental e Mutaxénesis (2015), Premio Galega Destacada (2016) e Premio Europeo ó Investigador Emerxente no Campo do Envellecemento (2019), ademáis dos premios á labor de investigación Dolores Trigo (2013 e 2021), Real Academia Galega de Ciencias (2015) e Real Academia de Mediciña e Ciruxía de Valladolid (2020). Actualmente é Profesora Titular da Universidade da Coruña onde coordina o seu propio Grupo de Investigación en Nanotoxicoloxía e Toxicoloxía Xenética (NanoToxGen); e compaxina a súa labor investigadora con tareas docentes e a dirección de varias tesis doutorais. Tamén é membro activo de varias Accións COST europeas (Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía) e participa en varios esforzos de colaboración internacional.